Muitos son os aspectos desta proposta que merecen obxeción. Entre eles, mui especialmente, a institucionalización da detención administrativa temporal en centros destinados a ese efeito. Detención que con esta normativa poderá estender-se até un máximo de seis meses.

As condicións nos centros de detención temporal de migrantes son mui similares às que vigoran nas prisións, por veces mesmo piores. Despois de teren visitado os centros, ONGs, axéncias internacionais, delegacións parlamentares e xornalistas denunciaron a iniquidade, a desumanización e a degradación destes lugares onde se violan con frecuéncia direitos e liberdades fundamentais e as persoas migrantes son vítimas de violéncia.


A detención administrativa é xuridicamente absurda, impón sancións penais (detención) por delitos administrativos, como a entrada irregular no território do estado ou a expiración de vistos e permisos de estadia. Por outra parte, dado que a “detención administrativa” pode ser estendida a seis meses, xa non é posível continuar calificando-a de “temporal”. De resto, este instrumento non permite manter sob controlo a migracion ilegal como tamén non resulta eficaz para a identificación de migrantes.

Os centros de detención temporal son, non raro, estruturas xestionadas de maneira pouco transparente, onde é frecuente ser negada a entrada às organizacións de direitos humanos e de apoio a persoas migrantes. A nova directiva prevé que as visitas a estes centros teñan de ser autorizadas polos Estados membros.

Nos vinte-e-cinco Estados membros existen 178 centros de detención temporal e nos países candidados ou viciños xa se construíron mais.

Tendo en vista o debate parlamentar que deve comezar dentro de poucos meses, “No Fortress Europe” pretende desenvolver, xunto con as organizacións que traballan neste ámbito, unha campaña de alcance europeu para que sexan fechados todos os centros de detención de migrantes.

As asinaturas recollidas nesta páxina web (www.no-fortress-europe.eu) serán enviadas aos Governos da UE e à Comisión Europea con o fin de demonstrar que tanto as persoas particulares como a sociedade civil están seriamente comprometidas en conseguir este obxectivo.