Excelentísima Sra. Fernández de la Vega,

Acollemos con satisfación a iniciativa do Governo de elaborar un Plano Nacional de Direitos Humanos Humanos. Esta iniciativa, recomendada pola Conferéncia Mundial de Direitos Humanos de Viena de 1993, é unha grande oportunidade para deseñarmos unha politica de direitos humanos mais coordenada e consolidada,

Aliás, a preparación do Plano Nacional de Direitos Humanos supón o cumprimento por parte do governo do seu compromiso eleitoral, refrendado durante o 61º período de sesións da Comisión de Direitos das Nacións Unidas,

Sen querermos restar valor à iniciativa do Governo nen aos seus traballos de elaboración do citado Plano, que entendemos están en fase mui adiantada, as organizacións asinantes lamentamos o escaso nível de interlocucion estabelecido até a data con a sociedade civil para o deseño do mesmo,

Consideramos que a elaboración dun instrumento que rexerá a política do país en direitos humanos tanto no ámbito nacional como internacional supón unha excelente oportunidade para estreitar o diálogo con actores da sociedade civil. Por outra parte estimamos que un plano elaborado sen o deseño de canais que posibiliten a participación efectiva de representantes tanto da sociedade civil como do mundo académico supón o perigo de se elaborar un instrumento que non incorpore as necesidades e a esperteza técnica que poden fornecer estes colectivos,

Con o fin de lograr un maior consenso e apoio da sociedade civil às medidas incorporadas no Plano orientadas à promoción e protección dos direitos humanos, as organizacións que abaixo asinamos propomos a celebración dun seminário sobre o Plano Nacional de Direitos Humanos, antes da sua aprovación polo Consello de Ministros.

A celebración dun seminário, que contaria con a presenza de representantes do governo e das organizacións de direitos humanos e centros de investigación constitui unha última posiblidade para criarmos un espazo en que os diversos actores involucrados na defensa dos direitos humanos podan contribuir con propostas e medidas específicas que deven ser incluídas no Plano,

ORGANIZACIÓNS ASINANTES:,

BRIGADAS INTERNACIONALES DE PAZ,

FEDERACIÓN CATALANA DE ONG DE DERECHOS HUMANOS,

FEDERACIÓN CATALANA DE ONG PARA EL DESARROLLO,< FUNDACIÓN SOLIDARIDAD INTERNACIONAL, INTERMÓN OXFAM, JUSTICIA I PAU, OBSERVATORI DESC, FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE DEFENSA Y PROMOCIÓN DE LOS DERECHOS HUMANOS – ESPAÑA, ASOCIACIÓN PARA LAS NACIONES UNIDAS EN ESPAÑA, ASOCACIÓN PRO DERECHOS HUMANOS DE ESPAÑA, ASOCIACIÓN PRO DERECHOS HUMANOS ANDALUCIA, ASOCIACIÓN PARA LA DEFENSA DE LAS LIBERTADES RELIGIOSAS, COMISIÓN ESPAÑOLA DE AYUDA AL REFUGIADO, INSTITUT DE DREST HUMANS DE CATALUNYA, INSTITUTO DE ESTUDIOS POLÍTICOS PARA AMÉRICA LATINA Y AFRICA, JUSTICIA Y PAZ, LIGA ESPAÑOLA PRO DERECHOS HUMANOS, MOVIMIENTO POR LA PAZ EL DESARME Y LA LIBERTAD, PAZ Y COOPERACIÓN, PTM MUNDUBAT, COMUNIDAD BAHÁ'Í EN ESPAÑA, INSTITUTO DE DERECHOS HUMANOS DE LA UNIVERSIDAD DE ALICANTE, INSTITUTO DE DERECHOS HUMANOS PEDRO ARRUPE DE LA UNIVERSIDAD DE DEUSTO