No Mediterráneo perderon a vida 4.330 persoas.

No Canal de Sicília, entre Líbia, a Tunísia, Malta e Itália, morreron 1.857 (1.123 delas desaparecidas).

1.
Perto das Illas Canárias e no estreito de Xibraltar entre Marrocos e o Estado Español morreron 1.467 personas (281 delas desaparecidas). 393 persoas morreron no mar Exeu, entre Turquia e Grécia, 393 persoas (159 delas desaparecidas).

2.
No mar Adiático, entre Albánia, Montenegro e Itália, 474 persoas, (136 delas desaparecidas)

Escondidas en camións ou en contentores de barcos de carga, foron encontradas mortas 369 persoas en Albánia, Franza, Alemaña, Grécia, Turquia, Reino Unido, Irlanda, Itália, Holanda, Hungria e o Estado español.

Nun asalto contra migrantes en Zawiya, no noroeste de Líbia en Setembro de 200, resultaron mortas un mínimo de 560 persoas.

No Saara morreron desidratadas 146 persoas que tentavan atravesar o deserto para chegaren ao Mediterráneo.

88 persoas perderon a vida nos campos de minas da fronteira greco-turca.

51 persoas morreron afogadas nos rios que delimitan as fronteiras entre Croácia e Bósnia; Turquia e Grécia; Eslováquia e Áustria; Eslovénia e Itália.

34 persoas morreron de hipotérmia nas montañas de Turquia, Grécia, Itália e Eslováquia tentando franquear a fronteira.

20 persoas morreron escondidas baixo os trens no túnel da Mancha en dirección a Inglaterra.

20 persoas morreron por disparos das polícias española e marroquina ao longo da fronteira dos dous enclaves españóis en Marrocos (Ceuta e Melilla).

11 persoas morreron queimadas no incéndio de un centro de deportación en Holanda.

9 persoas morreron por disparos de soldados turcos e xugoslavos.

5 persoas foron encontradas mortas no tren de aterraxe de avións comerciais.