Comisión de Denúncia de Galiza
Coordenación social fronte a tortura e os malos tratos,Informa:

Aos medios de Comunicación,

A mediados de xullo deste ano aparecía a noticia en distintos xornais
sobre un suposto motín no cárcere de Teixeiro protagonizado,segundo
uns, por perigosos presos etarras e islamitas e, segundo outros,por
presos comúns que protestaban polas insoportables condicións de vida na
prisión e,en especial,polo réxime de illamento do primeiro grao.

Porén,non chegou a existir contrastación das contaditorias informacións
oficiais procedentes tdas elas de fontes próximas aos carcereiros
(incluídos os sindicatos CSI-CSIF,ACAIP e CIG)coas versións dos
propios presos,os cales,de feito,cursaron distintas denuncias contra
o Subdirector de Seguridade e varios funcionarios de prisión por
torturas,malos tratos,abuso de autoridade e ameazas.

É por isto que este sábado 23 de decembro a sociedade civil,organizada
en torno á Comisión de Denuncia da Galiza,queremos sacar a voz dos
presos fóra dos muros da prisión através dunha marcha ao cárcere
Teixeiro que vimos facendo cada ano en protesta pola inutilidade e a
violencia dunha institución que non fai máis que incrementar o
sufrimento e a marxinalidade da súa poboación reclusa.

A marcha comezará ás 12 -12.30 h desde a gasolineira do cruce próximo á
cadea.

Comisión de Denuncia da Galiza,

Mais info en http://denuncia.info