Nesa altura, cando xa eran várias as persoas que protestavan contra a actuación policial, chegaron outros tres axentes municipais a bordo de un Nissan Patrol no que introduciron violentamente o detido.

Na sua denúncia, Fernández del Buey solicita se proceda a incoar dilixéncias investigatórias con o fin de depurar as posíveis responsabilidades penais nas que pudesen ter incorrido os axentes que participaron nestes feitos como autores de un delito de lesións, ameazas e coaccións.

Asi mesmo solicita se proceda à exploración e revisión médica do detido con carácter urxente encanto persisten as evidéncias fisicas da agresión de que foi vítima e se adopten medidas de carácter cautelar para evitar novas agresións, físicas ou psicolóxicas.

Reclama tamén que se requeira ao Concello de Santiago de Compostela a fin de identificar e tomar declaración aos axentes que conducian os veículos descritos na denúncia.