O Ministerio do Interior sacou a concurso a compra dun lote mínimo de 12.500 cruces ao mérito policial por un importe máximo de 272.250 euros, cifra que representa un aumento do 121,89 % en relación co orzamento base de licitación en 2017 (122.694 euros). Nese ano o pedido foi de 5.200 medallas, menos da metade.

O departamento que dirixe Juan Ignacio Zoido cifrou as súas necesidades para este ano en 12.000 cruces con distintivo branco e 500 con distintivo vermello, cun prezo unitario (sen IVE) de 18 euros.

Fonte: Insurgente