A Comisión apresentara a proposta en Outubro de 2005, o Supervisor Europeu para a Protección de Dados emitiu unha Opinión en Decembro de 2005, o Parlamento Europeu apoiou este relatório (con 60 emendas) en Maio de 2006 e aprovou-no en Setembro de 2006, en Novembro de 2006 o Supervisor emitiu unha segunda Opinión crítica e en Decembro de 2006 o Parlamento Europeu adoptou un acordo en que afirmava a sua intención de reexaminar a proposta xa que o Consello ignorara as suas obxeccións. Entre Novembro de 2005 e Novembro de 2006 o Grupo Multidisciplinar para o Crime Organizado do Consello elaborou 29 relatórios –modificando substancialmente a proposta da Comisión e ignorando as opinións do Supervisor e o Parlamento Europeu- sen que se teña chegado a acordo sobre o texto.