Este novo relatório recolle 13 casos relativos a cidadáns vascos que terian sido torturados durante os anos 2002 e 2003. En todos os casos descreven-se pormenorizadamente as circunstáncias da detención asi como as alegacións de tortura feitas polas persoas detidas, incluindo métodos como golpes, utilización de sacos de plástico para conseguir a asfíxia, realización de exercícios físicos e prática de posturas extenuantes, todo tipo de ameazas, etc.

O Relator acrescenta que a resposta do Governo español foi en todos os casos estereotipada, afirmando non coñecer a existéncia de denúncias nos casos referidos, o que explicaria que nom se teña feito nengunha investigación que pudese ter desembocado en accións de carácter penal ou disciplinar.

“Todos os detidos terian sido postos en rexime de incomunicación en virtude da lexislación anti-terrorista e levados à Audiéncia Nacional en Madrid”, continua. En relación ao caso de Martxelo Otamendi, ex –director do jornal Egunkaria que interpuxo demanda por torturas no mes de Xuño de 2003, o Relator mostra a sua preocupación pola clausura deste meio de comunicación e menciona o feito de se ter “tendido a estabelecer unha série de medidas cautelares sistematicamente prorogadas como a conxelación absoluta de todas as actividades profisionais, mercantis e laborais do xornal.”

Nas suas observacións, “o relator lamenta que à conclusión do Relatório non tiña recebido resposta à sua comunicación” por parte do Governo Español.