Duas dúcias de Rambos en dous helicópteros dos EUA en território soberano do Paquistán, un ataque surpresa con armas de fogo, un cadáver fantasma, unha cerimónia nun porta-avións con enterro no mar. Con un guión de efeitos especiais, contado como unha emocionante saga hollywoodiana, ficou sancionada a morte do direito internacional, un conxunto de regras motivadas, estudadas e compartilladas ao longo de décadas, frias e racionais, que permiten resolver litíxios escaldantes que alimentan tensións dramáticas. O inimigo mortal xustifica o uso da forza -lea-se violéncia- degradando asi un direito compartillado. As regras están escritas para o uso e o consumo privado, perdendo asi o carácter universal e sancionando,de feito, a lei do talión.

* * *
Profesor, un blitz ilegal  da perspectiva do direito internacional? Pondo de parte a emotividade da notícia, asistimos ao desmantelamento das regras compartilladas (polo menos segundo os tratados)?

Asistimos a unha distorsión radical do direito internacional, que se converteu nunha cousa risível polo xeito en que o aplica a comunidade internacional. Está claro que os EUA utilizan as Nacións Unidas e o seu Consello de Seguranza como cobertura. Asaltan, usan armas potentísimas, matan dúcias, centos de millares de persoas, como no Iraque, e despois obteñen do Consello de Seguranza unha aceptación de facto da realidade. É para isto que serve a ONU, para xustificar post factum crimes gravísimos. Hai tres crimes que están sendo perpetrados por Obama: a guerra no Afeganistán, que continua con a matanza de persoas inocentes, sen nengun fundamento no direito internacional ou a Carta das Nacións Unidas; a guerra contra Líbia, outra violación da Carta das Nacións Unidas no seu artigo 2, parágrafo 7, que proíbe calquer intervención no interior dun estado en situación de guerra civil; e agora estamos perante outra violación grave, en que un grupo de soldados altamente especializados receberon instrucións de asaltar e matar unha persoa nun terceiro país, Paquistán. Unha violación grave do direito internacional e o direito à vida das persoas, non xustificada por razóns concretas. Porque, que esa persoa fose Bin Laden non se sabe ao certo e, por outra parte, a citada cerimóni e posterior desaparición no mar do cadáver do home asasinado son procedimentos vergoñosos da perspectiva da lei e da existéncia dos seres humanos.


Enfrentamo-nos à necesidade de reformar a lexislación internacional?

A reforma da lei internacional significaria a reforma das Nacións Unidas, mudar a Carta da ONU. Entretanto, fala-se dun direito internacional consuetudinário, mais é falar p’rà feira, conversa de papo furado do momento que non se respeita. Esta reforma requeriria instar os EUA a renunciaren aos seus priviléxios. O Consello de Seguranza, que é o único órgao que pode usar a forza en situacións extremas, está dominado polos cinco membros permanentes e isto xa di muito acerca do seu carácter democrático. A Asemblea non ten poder de decisión nengun. A miña opinión é que non haverá reforma das instituicións internacionais, e portanto tamén non do direito, se non se produz unha mudanza fundamental na correlación de forzas económicas, militares e nucleares con poténcias como a Rúsia, a Índia, a China, o Brasil e mesmo a África do Sul. Se estas poténcias non conseguen estabelecer relacións internacionais que as liberten do domínio dos EUA. Do contrário, non haverá reformas.


O conceito de guerra simétrica complica o cadro.

As guerras libradas polos EUA desde 1991 contra o Iraque son guerras en que existe unha asimetria no poder militar e unha asimetria profunda nas consecuéncias das mesmas: as vítimas militares ocidentais son escasas, encanto as vítimas iraquianas ou afegás das accións militares contan-se por millares, persoas inocentes incluídas. Son as vítimas da guerra e das consecuéncias desta.


Que sinais deu de si própria a tan cacarexada democracia ocidental, segundo V., despois desta acción e de determinadas manifestacións de xúbilo?  Tivo que vir o Vaticano pedir compostura diante da morte.


É curioso que o dixera o Vaticano, que estes últimos anos non se aliñou precisamente con o bando da paz. O pontífice festexou con Bush o seu aniversário e fixo unha declarlación de entusiasmo perante o comportamento dos EUA. Mellor non falar diso.

A respeito de Ocidente, hai xa mais de vinte anos que ven desatando guerras de agresión contra unha série de estados do Oriente Próximo, e todas son guerras que violan o direito internacional. O mesmo nos Balcáns: lembremos a guerra de 1999 contra a Sérbia, xustificada, de feito, con un motivo falso de carácter humanitário e que conduciu ao masacre de millares de sérbios, con un único resultado “humanitário”: hoxe, perto de Urosevac hai 7.000 soldados dos EUA, armados até os dentes e dotados de armamento nuclear. Ocidente suspende claramente en matéria de direito internacional. A doutrina dos direitos humanos está en decadéncia porque é unha ideoloxia ocidental totalmente falseada polo comportamento real.