Quen defende a construción de un único estado no território de Palestina, sabe que para muitas persoas esa alternativa non pasa de ser unha utopia. En Disappearing Palestine, Jonathan Cook defende esta solución, mostrando o carácter utópico da alternativa contrária: a construción de dous estados.

Cook examina o sistema de domínio israelita e a forma como vive no dia-a-dia esa situación a populación palestina. Mostra o que non só os políticos senón tamén muitos pacifistas e defensores dos direitos humanos parecen non ver: que o sionismo é a chave para a perpetuación da inxustiza na terra histórica do povo palestino.

Na primeira parte, o autor realiza unha documentada introdución ao conflito, traza o desenvolvimento da ideoloxia sionista no período anterior ao estabelecimento do estado de Israel e chega até os actuais “experimentos para intensificar o desespero dos palestinos” nos “laboratórios” de Cisxordánia e Gaza. A segunda parte está formada por unha selección dos artigos de Cook en que se fornecen exemplos concretos da destruición de Palesltina.

Cook refuta ao longo do libro unha série de tópicos sobre a construción do estado de Israel, descreve as dificuldades con que deparaou para publicar o seu libro, a campaña de cartas orquestada para desacreditá-lo, o papel dos média. etc.