A pesquisa de Naomi Klein, cuxa actualidade foi infelizmente renovada pola catástrofe vivida en Haiti e a intervención supostamente humanitária dos USA, comeza no Iraque, após a invasión dos EUA, e percorre outros lugares: China, Rúsia, a New Orleans do furacán Katrina, os países asiáticos atinxidos polo tsunami. Naomi Klein foi persoalmente ao Iraque e à Ásia para conversar con as populacións  atinxidas pola guerra e polo desastre ambiental. As suas descobertas non foron exactamente surprendentes: até hoxe, as vítimas enfrentan condicións materiais difíceis e os proxec tos de “reconstrución”, tanto do Iraque canto das áreas afectadas polas ondas do tsunami, serven mais aos intereses de grandes corporacións do que às vítimas. Os capitalistas de desastre, no entanto, non teñen nengun interese en consertar o que existiu un dia. No Iraque, no Sri Lanka e en Nova Orleans, o proceso enganosamente chamado de “reconstrución” comezou concluindo a obra do desastre orixinal, ao eliminar o que restou da esfera pública e das comunidades ali enraizadas — e depois tratou de substituí-las rapidamente por un tipo de Nova Xerusalén corporativa, todo antes que as vítimas da guerra ou do desastre natural pudesen reagrupar-se e reivindicar os direitos sobre o que era seu.
Hai version en portugués, español e catalán.