O Atlas mostra de maneira visual e comprensível a crecente militarización do Estado español. Para iso analisaron-se os dados da militarización española en oito capítulos que examinan o gasto militar, a indústra de armamento, o comércio de armas, o financiamento do negócio das armas, a política española de defensa, as operacións militares no exterior, o panorama da vida militar española e as campañas y accións do movimento pola paz. Cada capítulo consta de unha introdución, conclusións e comentários relevantes, acompañados de gráficos, mapas, figuras e cadros que facilitan a comprensión dos dados oferecidos, que fan deste traballo unha ferramente acesível e de grande utilidade para investigadores, educadores, activistas e todo tipo de traballadores pola paz.