Por outra parte, a Subdelegación do Governo da Coruña iniciou procedimento sancionador contra algunhas das persoas que participaron na concentración convocada pola Comisión de Denúncia de Galiza o pasado dia 12 de Outubro perante o Cuartel da Guardia Civil de Arteixo. O obxectivo da concentración era precisamente reclamar o esclarecimento das circunstáncias en que morreu Diego Viñas e esixir a depuración de responsabilidades. (vexa-se Boletin nº 15, p.11)