Neste libro admirável, Edward S. Herman e David Peterson examinan os usos e abusos do termo”xenocídio”. Mostran de maneira convincente como nos EUA governo, xornalistas e académicos recorren a esta etiqueta para demonizar aquelas nacións e movimentos políticos que de un xeito ou doutro chocan con os intereses do capitalismo EUA. Os crimes cometidos polos EUA ou os seus aliados rara vez son calificados de “xenocídio”. A agresión ao Vietname, a opresión de Israel contra o povo palestiniano, a matanza de supostos comunistas indonésios ou do povo de Timor Leste, os bombardeos da Sérbia ou do Kosovo, a invasión dos EUA do Iraque, os asasinatos en masa cometidos polos aliados dos EUA en Ruanda e na República do Congo, nada disto se califica de xenocídio. Outra é a vara de medir que se aplica a casos como a agresión Sérbia a Kosobo e Bósnia, as matanzas praticadas polos inimigos dos EUA en Dafur ou Ruanda, Saddan Hussein ou todas e cada unha da accións do Irán.
O estudo alicerza nunha ben seleccionada e volumosa documentación, na leitura apurada dos média USA e en textos políticos e académicos. As suas afirmacións e conclusións ilustran-se con tabelas claras e elocuentes.
The Politics of Genocide é unha investigación formidável de un efectivo sistema de propaganda que busca enganar as populacións e promover a expansión de un sistema imperial cruel e desalmado.