É posível desaparecer do mundo?
David Bond é un produtor de filmes de 38 anos de clase média, casado, con un fillo e esperando outro, vive en Hackney, Londres. Paga os seus impostos e nunca tivo problemas con a polícia. Non ten nada que ocultar, mais pergunta-se se tamén non ten nada que temer.
David Bond decide indagar os limites do controle e a vixiláncia nunha sociedade en que governos e grandes empresas controlan imensos bancos de dados persoais  e en que a vida de millóns de persoas é transmitida através da internete.
O seu obxectivo é averiguar se pode desaparecer por completo, eliminar a sua pegada.