No décimo aniversário desde o início da Segunda Intifada, o colectivo israelita Rompendo o Siléncio lanza un novo libro: A ocupación dos Territórios – Testemuños de soldados israelitas 2000-2010.
O libro, que pretende dar a coñecer à opinión pública israelita como funciona realmente a ocupación de Palestina, contén, alén de numerosas fotografias e mapas, perto de 200 testemuños de 101 mulleres e homes que se prestaron voluntariamente a narrar as suas experiéncias na represión da segunda intifada ao longo de todos os territórios ocupados e nas batidas  rotineiras do exército  -as chamadas “demonstracións de presenza”- . Testemuños que axudan a comprender o funcionamento do sistema da ocupación: un cúmulo de decisións aparentemente “irracionais” que funcionan con a precisión de un relóxio suízo.