No seu libro, o xornalista David Cronin descreve de maneira pormenorizada as relacións do Estado de Israel con a Unión Europea e a OTAN e pon ao descoberto a hipocrisia da Europa, que afirma ser unha forza neutral favorável aos direitos mais elementares do povo palestiniano encanto aceita e apoia implicitamente a ocupación dos territórios de Palestina.
A asinatura do último acordo entre a UE e Israel, que supón un forte aumento das relacións comerciais e a cooperación entre ambos, converte o estado sionista -afirma Cronin- en membro de facto da UE, lexitimando a política israelita de ocupación, os maus tratos a prisioneiros palestinianos e a invasión de Gaza.
Como conclusión do seu perturvador relatório, Cronin chama a intensificar a solidariedade internacional para deter a política cúmplice da Unión Europea.