Os rapaces de Arna é unfilme documentário israelita que percorre, ao longo de dez anos, a história dun grupo de rapazas e rapaces do campo de refuxiados de Jenin e oferece algunhas das mais verdadeiras e completas respostas a perguntas que nos formulados cando vemos xovens árabes levantando as armas automáticas e disparando ao ar nos multitudinários nos funerais polos asasinados polo exército sionista.Que proclaman estes xovens cuxos berros irados nunca traducen as tvs? que impulsa estes xovens a ingresar nas Brigadas dos Mártires de Al Aqsa, Hamás ou a Yihad Islámica?
En 1989, unha muller israelita, Arna,decide estabelecer un grupo de teatro no campo de refuxiados. O seu obxectivo principal é demonstrar a nenas e nenos palestinianos que existe un mundo de posibilidades alén da violéncia a que sonsubmetida/os diariamente pola ocupacióndo exército israelita.
O seu filho, Juliano Mer Khamis, documentou ese período de tempo en que Arna foi capaz, literalmente, de recoller várias nenas e nenos de entre as ruínas das suas casas, destruídas polos buldozers e non só converté-la/os en actores senon devolver-lles a ilusión por viver atavés dun tipo de educación que non coñecian: a expresión corporal e artística. Toda a história fica recollida en imagens.
Cinema necesário para comprender e repensar o futuro.