El Rati Horror Show, filme-documentário dirixido por Enrique Piñeyro, foi estreado o 16 de Setembro de 2010. Relata a dramática história de Fernando Carrera, un home comun condenado inxustamente a trinta anos de cárcere, non por erro senón de maneira deliberada, através da manipulación dunha causa xudiciária. O filme mostra como se fraguou a causa de Fernando Carrera: a manipulación e alteración da evidéncia no lugar dos feitos; a manipulación dos testemuños das escasas testemuñas chamadas a declarar; a manipulación dos média por Rubén Maugeri, testemuña chave e presidente da Asociación de Amigos da Comisaria 3.
Tamén retrata o dia-a-dia da vida de Fernando Carrera no cárcere.
O filme foi declarado de Interese Cultural e Social pola Lexislatura da Cidade Autónoma de Buenos Aires.