“Precisamos a guerra? Precisamo-la tal como precisamos ar, amor, fillos e seguranza? pergunto-me”. Robert Fisk propón esta e outras interrogantes desde a trincheira do Próximo Oriente, onde exerce como correrspondente de prensa desde hai mais de trinta anos. Este libro recupera a crónica, “mais irada que brutal”, sempre documentada, do que acontece, as causas e os protagonsitas de canto sucede nesa zona xeo-estratéxica do mundo, nun período calificado como “a era do guerreiro”, alguén cuxas práticas, profisión, vocación e existéncia se reducen a destruir “os nosos inimigos”.
As páxinas apaixonadas de Fisk, que cobriu xa once grandes guerras e inumeráveis sublevacións, irritarán todos os que asumen de forma acrítica a “lunática e enganosa ‘guerra contra o terrorismo'”, os que designan a tortura como ‘abuso’, os que chaman os ditadores ‘homes fortes’ se están no seu mesmo bando, e ditadores se non o están. Estamos ante unha exibición de versatilidade dun xornalista e escritor disposto sempre a “falar con franqueza contra a fraude a inxustiza dun mundo en que o consentimento se converteu nalgo automático e en que a crítica, por morna que for, é tachada de subversiva”.
Diante do ollar crítico, audaz e documentado sobre o “infernal desastre” do Próximo Oriente dun dos xornalistas mais brillantes e infatigável.
“Un pode estar ou non de acordo con os seus pontos de vista, mas sempre se sentirá satisfeito despois de ter lido Robert Fisk.”  Do prólogo de José Antich, director de La Vanguardia.

Hai versión en español: La Era del Guerrero – Ed. Destino – 2009