Baseado nun vídeo secreto de sete horas captado por unha cámara de vixilancia nunha cela de Guantánamo e feito público polos tribunais canadenses, este documental revela a dramática intensidade dun interrogatorio que durou catro días. Un equipo da policía secreta canadense somete a Omar Khadr, canadense de 16 anos de idade, a diversos métodos de tortura. Conservando o estilo dunha pantalla de seguridade, o filme analiza os aspectos científicos, legais e políticos dun diálogo forzado. En outubro de 2010, Omar Khadr foi condenado por unha Comisión militar de Guantánamo como criminal de guerra