Unha aboa, un rabino, un anarquista e un ex-soldado: catro israelitas que tratan de dar cabo da ocupación de Israel dos Territorios Palestinos.
O documentario Israel vs Israel é un filme sobre pacifistas que coa palabra e a acción combaten 40 anos de ocupación e colonatos ilegais.
Un filme sobre a loita desesperada de catro activistas por modificar unha situación de inxustiza e mellorar a vida do pobo palestino, loita que a populación do estado de Israel recibe con odio e escepticismo.
Persoas inxenuas, indignas de confianza, perigosas, asi son vistas e asi son ridicularizadas e demonizadas pola sua loita a favor da paz.