Como é costume, na Sección EsCULcA, damos conta dalgunhas actividades do noso Observatório. Neste caso en relación con a Proteccion de Dados e a iminente implementación do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.

En Análises e Relatórios publicamos catro textos que versan en torno a diferentes temas: unha breve análise sobre a recentemente criada Axéncia de Direitos Fundamentais da UE, unha reflexión sobre as últimas medidas políticas e lexislativas contra a negación do xenocídio xudeu perpetrado polos nazis, unha análise demorada sobre o longo proceso que levou à condena de 3 anos de prisión a De Juana Chaos e sobre a atitude institucional perante a sua folga de fame e, finalmente, un documentado estudo sobre a florecente indústria da seguranza na UE e nos EUA.

A seguir damos notícia de vários acontecimentos relacionados con a situación dos direitos e liberdades dentro e fora do noso país: resolucións xudiciais polémicas (Habeas Corpus, “Freedom for Kurdistán”, A Morte de Diego Viñas,…), falta de transparéncia na xestión pública (Secretismo policial, Educación para a Cidadania), vulneración do direito à intimidade (Protección de Dados) ou de direitos linguísticos (Xuiz farto), denúncias por crimes contra a humanidade (Contra Ronald Rumsfeld), restrición do direito de expresión (Blogs censurados, Liberdade de expresión, Espionaxe ilegal,…), o tratamento desumano que receberon as persoas que viaxavan no Marine I (Descartáveis, contaminantes e perigosos), etc.etc.

Finalmente, en Biblioteca, recomendamos duas breves monografias de Article19, unha sobre o recurso abusivo às Leis de Difamación e outro sobre a importáncia que o aceso à información en poder das instituicións públicas ten para a vida económica das nosas sociedades. Recomendamos igualmente a consulta da páxina de Statewatch (Monitoring the State and the Civil Liberties in Europe), cuxos contidos resumimos brevemente, nunha prática a que esperamos dar continuidade nos próximos números.