No pasado 13 de xullo foi presentada no Tribunal Supremo a querela por prevaricación contra o xuiz Pablo Llarena. Impulsionada por Querellants per a república, a querela suma 3.418 denunciantes e entrou no Supremo xusto no día seguinte de coñecerse a resolución do tribunal alemán sobre a extradición só por malversación de Carles Puigdemont. Hai tempo que estaba pronta mais fora adiada para non interferir na estratexia de defensa do presidente no exilio.

Querellants per la republica roda de premsa barcelona - Carles Palacio

 

Dirixida contra Llarena e tres maxistrados da sala de apelacións do Tribunal Supremo, A querela formúlase por vulneración de dereitos fundamentais como o de sufraxio activo e de representación política dos electores de Catalunya. Tamén por un delito de prevaricación e, segundo explicou Mònica Fernández, unha das portavoces de Querellants per la república, “está totalmente focada no momento da denegación reiterada da investidura de Jordi Sànchez. É fundamental nas dúas investiduras denegadas e culmina no momento en que se fai a suspensión dos dereitos como deputados dos procesados”.

A querela vai directa contra a instrución de Llarena, porque, segundo as 3.418 persoas que a apresentan, “estas resolucións son manifestamente inxustas, e son manifestamente inxustas porque non teñen base xurídica en que apoiar a denegación que se fai da súa participación na investidura”. Mònica Fernández subliña que “son unha serie de resolucións que van encamiñadas todas a conseguir o que tentaron conseguir agora coa suspensión dos deputados no exercicio dos seus dereitos e deberes”.

As expectativas de que o Supremo a admita a trámite son baixas. Mais Querellantes per la república ten previsto chegar a Europa se a querela e todos os recursos que poidan presentar son rexeitados.

Fonte: El Nacional