BALTASAR GARZÓN. UN FERRO ARDENDO

O pasado 20 de Abril o canal 2 da TVE emitiu o documentário “A alma dos verdugos”, co-dirixido e co-apresentado polo Xuiz da Audiéncia Nacional española Baltasar Garzón. O contido do documentário supón posivelmente un arrimo importante para quen durante anos buscou o recoñecimento e a reparación dos centos de vítimas que sofreron as detencións arbitrárias, a tortura, as desaparicións, en definitivo o terrorismo de estado en Arxentina, Chile ou outros países de Latino América entre os anos setenta e oitenta. Sempre é bon que a tortura sexa denunciada, e é verdade que o documentário puxo sobre a mesa unha realidade lancinante.

No entanto, duvidamos, e asi facemo-lo público, que a persoa mais adecuada para veiculizar esta denúncia sexa o xuiz Baltasar Garzón, quen foi apresentado asi mesmo como unha autoridade en matéria de perseguir torturadores.

Como o próprio Vecente Romero –co-director do documentário- afirmou “continua havendo torturas noutros lugares, continua havendo secuestros, desaparicións e cárceres secretas”. Precisamente Garzón, na sua actividade diária à frente do tribunal especial anti-terrorista que é a Audiéncia Nacional coñece perfeitamente esta realidade, de primeira mao, porcanto emana del mesmo a orde de incoumunicar as persoas acusadas de terrorismo, verdadeiro espazo de impunidade en que se producen torturas brutais.

E é que a impunidade dos torturadores non é algo que afectase apenas as ditaduras do Cono Sul americano senón tamén o Estado español. As recomendacións reiteradas polo Comité para a Prevención da Tortura e do Comisário para os Directos Humanos do Consello de Europa, do Comité de Directos Humanos, do Comité contra a Tortura e do Relator contra a Tortura das Nacións Unidas, asi como de organismos non governamentais da altura de Amnistia Internacional Human Rights Watch ou a Organización Mundial contra a Tortura denuncian un sistema que facilita ou ampara a existéncia dun cadro grave de torturas no Estado español onde, segundo denuncian as asociacións e colectivos que traballan neste ámbito, no que levamos de século terian-se producido mais de 700 caos anuais de denúncias por torturas e maus tratos que afectarian persoas de todo tipo e condición. .

Mais estas denúncias –e as condenas- non son unicamente xenéricas, tamén apontan directamente ao co-autor da reportaxe Baltasar Garzón. En vésperas dos Xogos Olímpicos de Barcelona desenvolveu-se en Cataluña a chamada “Operación Garzón” que se saldou con a detención por parte da Guarda Civil dunhas trinta persoas, a maioria delas vinculadas ao movimento independentista catalán. Muitas das persoas arrestadas denunciaron teren siido submetidas durante os interrogatórios a torturas como a bolsa, golpes en todo o corpo, electrodos, dificultar o sono, ameazas e simulacros de execución. Algunhas tentaron suicidar-se. O caso foi resolvido 12 anos despois en sentenza de 2 de Novembro de 2004 polo Tribunal Europeu de Directos Humanos de Estrasburgo, que asinalou ter a convicción de que a investigación das denúncias non tiña sido “o suficientemente profundas e efectivas para cumpriren con as esixéncias” dos tratados internacionais. E isto implicava tamén a Baltasar Garzón que, segundo as persoas demandantes, “despois das denúncias formuladas perante o Xulgado Central de Instrucción núm. 5, tiveron de ser submetidas a un recoñecimento médico profundo. Este xulgado limitou-se a solicitar à médica forense, L.L.G., un simples relatório, e non un verdadeiro ditame pericial sobre os maus tratos alegados”.

Alén diso, a sentenza constata que “o 20 de Maio de 1997 –case cinco anos depois de apresentada a denúncia- a Audiéncia Nacional non tiña dado curso à decisión de remeter aos tribunais competentes as alegacións de maus tratos”. Por todo iso, o Governo foi condenado a indenizar os recorrentes.

Tamén o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa nenciona o Xulgado que dirixe Garzón no seu relatório da visita de Xaneiro de 1997. Neste relatório recolle as alegacións de tortura sofridas polo cidadán vasco José Arkauz considerando o seu testemuño “pormenorizado e coerente” o que contradi a versión dada polo xuiz en que, ocultando as torturas, se afirma que con Arkauz foron cumpridas escrupulosamente “as indicacións do CPT para prevenir calquer posibilidade de maus tratos ou torturas”. O Comité reprocha ao xulgado non se teren adoptado medidas “repetidamente recomendadas polo CPT”, como a posta ao seu dispor dun advogado, e denuncia asi mesmo o feito de a actuación do médico forense que o examinou estar inzada de irregularidades.

Nestas duas ocasións Europa funcionou. Porque no Estado español e nos seus tribunais impera a premisa exposta polo próprio Garzón no documentário: “o torturador tortura porque ten a capacidade que lle dá o poder de o facer. Noutra situación nunca o faria”. Mais o xuiz fala de Arxentina e Chile.

O Decembro do pasado ano, coincidindo con a visita ao Estado español de Eric Sotas, director da Organización Mundial Contra a Tortura, o xuiz anunciou unha série de medidas de prevención da tortura a once islamistas detidos e incomunicados en Ceuta, entre elas a gravación en vídeo. No entanto, ao longo dos seus anos de instrutor na Audiéncia Nacional, foron centos as persoas vascas que denunciaron perante Baltasar Garzón teren padecido torturas sen que este prestase a estas denúncias mais atención que a un mero trámite burocrático. O 25 de xaneiro a polícia detivo e incomunicou Iker Agirre, acusado de pertencer a ETA nunha operación supervisada por Garzón. Neste caso o xuiz non adoptou medida algunha. O xoven vasco relatou posteriormente ter sido submetido a severas torturas.

Coñecemos a actitude de Garzón no ámbito internacional tanto como a coñecemos no ámbito doméstico, xa que é habitual que vexa fora das fronteiras da sua actividade xuridiscional o que non vé perante o seu nariz. Coñecemos o seu interese por aparecer como xuiz progresista, para poder levar a cabo unha atitude represiva sen parangon desde os gabinetes do tribunal excepcional da Audiéncia Nacional. Coñecemos de primeira mao a sua pasividade con a tortura nos seus afaceres diários, asi como coñecemos que a sua atitividade no ámbito internacional non é mais que un lixeiro verniz de defensor de direitos humanos sen as suas accións ultrapasaren o nível do testemuñal. Sabemos asi mesmo a importáncia que isto ten para grupos que, como nós, no árduo traballo de luitar polo recoñecimento e a reparación das vítimas da tortura agarrarian-se a un ferro ardendo. O ferro que ofereceu Baltgasar Garzón às persoas que nesta reportaxe, sen duvidar da sua vontade real, confiaron nel.

Para elas o noso cariño e a nosa solidariedade, na confianza de que comprenderán a dor que nos causa a habilitación que se dá a esta personaxe con iniciativas como esta.

———————————————————

– Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía –APDHA –Andalucía.

– Asociación de Juristas Andaluces 17 de Marzo –Andalucía.

– Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón –ASAPA -Aragón.

– Acció dels Cristians per l´Abolició de la Tortura -ACAT –Catalunya.

– Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de
Barcelona -Catalunya.

– Memoria Contra la Tortura –Catalunya.

– Asociación de Abogados Vascos –Eskubideak –Euskal Herria .

– Observatorio Vasco de Derechos Humanos –Behatokia –Euskal Herria.

– Salhaketa –Euskal Herria .

– Torturaren Aurkako Taldea –TAT –Euskal Herria .

– Asociación Libre de Abogados –Madrid.

– Centro de Documentación contra la Tortura -Madrid.

– Centro de Asesoría y Estudios Sociales- CAES -Madrid.

– Esculca. Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades.