COMISIÓN DE DENÚNCIA DE GALIZA

NON DEIXES QUE TORTUREN NO TEU NOME.
NON CON O TEU SILENCIO.
PAREMOS AS TORTURAS NAS PRISIÓNS

Os vindeiros 26 e 27 de Abril vai celebrar-se na AUDIÉNCIA PROVINCIAL DE LUGO o XUÍZO contra JOSÉ RAMÓN HIDALGO FERNÁNDEZ e JOAQUÍN ESCUDERO ÁLVAREZ, xefes de servizo, e MARIO LUIS ÁLVAREZ ÁLVAREZ, sub-director médico na cadea de Monterroso, Lugo, acusados dun delito de tortura e unha falta de lesións, cometidas sobre a persoa de Magdare Rabay, ali encadeado. Os feitos ocorreron o 18 de Febreiro de 2002, cando os funcionários obrigaron o preso a se despir, golpearon-no até a insconsciéncia, insultaron-no, alxemaron-no e asi seguiron mallando nel, ameazando-o con facer-lle succionar os seus xenitais e mexando-lle encima; negandon-lle asisténcia sanitária durante dias, e ameazando-o con a morte se a solicitava.

Estas actuacións levaron a ACUSACIÓN DO MINISTÉRIO FISCAL da Audiéncia Provincial de Lugo a pedir condenas de cinco anos de prisión e dez de inabilitación contra os tres médicos.
As torturas nos cárceres galegos son habituais: son inumeráveis as denúncias interpostas por torturas acontecidas na cadea de TEIXEIRO (A CORUÑA), especialmente desde o ano 1999; e tramitaron-se denúncias por mau tratos nas cadeas de PEREIRO DE AGUIAR (OURENSE) e da LAMA (PONTEVEDRA).

Con motivo deste xuízo, a COMISIÓN DE DENÚNCIA DE GALIZA, convoca unha concentración permanente, desde as 12 da mañá do 26 de Abril, durante os días que se desenvolva o xuízo, diante da Audiéncia de Lugo, sita no parque Rosalia de Castro da cidade.

Esta Comisión de coordenación social frente à tortura e os maus tratos, tenta facer visíveis este tipo de condutas, normalmente descoñecidas polo xeral da cidadania: os relatórios internacionais (da ONU, de Amnistía Internacional…) sinalan o ESTADO ESPAÑOL como un Estado que tortura nas comisarias e nas cadeas.

Como podemos mirar para outro lado cando un médico golpea unha persoa alxemada e indefensa?.
Unha sociedade que se postula como democrática e asume a faculdade de privar de liberdade alguns dos seus integrantes, deve poder garantir às persoas encerradas o direito à integridade, tanto moral como fisica.

Como cidadáns debemos esixir o respeito aos dereitos humanos dentro das nosas prisións.

DENUNCIAMOS A EXISTÉNCIA DE MAUS TRATOS NAS PRISIÓNS. ESIXIMOS A ERRADICACIÓN DESTE TIPO DE CONDUTAS E O AXUIZAMENTO DOS RESPONSÁVEIS.