O acto tivo estrutura de mesa redonda, os representantes dos tres colectivos fixeron unha breve exposición das actuación que cada organización realiza na luita contra a tortura no estado español.

Pola COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA a intervención correspondeu a un integrante de EsCULcA, que destacou o importante movimento que se está a producir para a luita contra a tortura, do que é paradigma o funcionamento da COODENADORA. Citou brevemente os relatórios que avalan a existéncia de torturas no estado español e definiu o que deve entender-se por torturas. Ora ben, no conceito de tortura, aseverou o representante da COORDENADORA, deven citar-se tamén actos como a chamada “tortura branda” nas cadeias , pola continuada vulneración dos direitos das persoas presas e a tortura normativizada , como o rexime penitenciário fechado e o rexime ilegal FIES.

Para finalizar, destacou as distintas actividades dos colectivos que integran a COORDENADORA; insistindo especialmente en actividades como as reunións mantidas con os grupos parlamentares, a reinvidicación da asunción das competéncias polo SERGAS da Sanidade Penitenciária e o decisivo impulso à asinatura do PROTOCOLO FACULTATIVO À CONVENCIÓN CONTRA A TORTURA. Destacou que estas actuacións tiñan un sentido especialmente estratéxico que posibilitará, ainda que minimamente , abrir fendas nos muros das cadeias con a presenza de persoas e colectivos profisionais non submetidos à disciplina carcerária ou dos rexentes dos centros de detención.

Pola COMISSÓN DE DENÚNCIA participou un representante de KOMUNAL, Recurso Comunitário contra a Exclusom Social, quen salientou as permanentes violacións dos direitos dentro da cadeia e as dificuldades da denúncia destes feitos pola opacidade dese mundo. Subliñou igualmente a deficiente situación sanitária das cadeias, o diferente tratamento que receben as persoas doentes dentro do cárcere, a diferenza na prescripción farmacéutica, na atención médica especializada, etc. Resaltou igualmente que todos estas situacións determinan que as persoas presas teñan un estatuto de cidadás de segunda.

Contra este sistema mostrou a necesidade dun movimento social de desposta, como a COMISSOM DE DENÚNCIA DA GALIZA, citou tamén os diversos colectivos que a compoñen e apresentou a existéncia dun protocolo de actuación baseado na opción de aproveitar os próprios recursos do estado, para formular as denúncias por meio da designación de letrados do turno de ofício. Finalizou facendo referéncia ao xuízo por tourturas de MAGDARE RABAY que se celebrará o 26 de Abril na AUDIÉNCIA DE LUGO e as actuacións sociais ao redor deste xuízo.

Pola COMISSOM DE ASSESSORAMENTO JURÍDICO PENITENCIÁRIO DO COLEGIO DE ADVOGADOS DE OURENSE , a intervención correspondeu a unha das suas integrantes, que comezou a exposición con a explicación da xénese desta Comissom para prestar asisténcia xurídica gratuita, no eido penitenciário, às persoas presas, por non teren estas recoñecido tal direito na legxislación.

Desde o coñecimento da realidade carcerária e da normativa penitenciária, fixo unha contraposición entre os supostos fins reinsertadores legais e constitucionais e a realidade das cadeias, con a desumanización nelas imperante.

Destacou a inumanidade do rexime fechado para oersias presas en primeiro grau.

Analisou a situación de Comisións semellantes no resto do estado español, destacando o seu escaso número e a inexistência no resto da Galiza, polo momento, doutras comisións como a de Ourense.

Mostrou casos concretos dos que esta comisión tivo coñecimento, desde os cometidos na cadeia de TEIXEIRO a partir do ano 1999 até a recente denúncia de agresións, con evidentes conotacións racistas, ao preso MAGDARE RABAY.

Depois produciron-se várias intervencións dos asistentes en torno a diversos temas, entre eles a necesidade de vixilância sobre as actuacións policiais e o sistema de defensa xurídica dos presos noutras lexislacións.