O 31 de Xullo 2007 a polícia rexistou a vivenda e o lugar de traballo de Andrej Holm, Matthias B e duas persoas mais. O Dr. Andrej Holm foi arrestado e conducido en helicóptero perante o Xuiz de Guarda do Tribunal Federal de Karlsruhe. Posteriormente ingresou en prisión preventiva nun cárcere de Berlin. Os catro detidos están imputados por suposta pertenza à “asociación terrorista” Militante Gruppe (Grupo Militante). A orde de detención revelou que os catro eran vixiados pola polícia desde Setembro de 2006.

Poucas horas antes foran detidos en Brandenburgo Florian L., Oliver R. e Axel H., que están acusados de atentar contra catro veículos do Exército Federal Alemán. A Andrej Holm imputa-se-lle ter-se entrevistado con un deles no primeiro semestre de 2007 con fins supostamente “conspirativos”. O Fiscal Federal entende que os sete forman parte do citado Militante Gruppe.

• O Dr. Matthias B. teria utilizado nas suas publicacións académicas “frases e palabras chave” que son utilizadas tamén polo “grupo militante”.
• Na sua condición de doutor en filosofia, Matthias B. está considerado como posível autor intelectual “dos sofisticados textos do Militante Gruppe”. E “como membro dun instituto de investigación ten aceso a fondos bibliográficos que pode utilizar sen chamar a atención, e asi realizar as investigacións necesárias para elaborar os textos do “grupo militante”.
• Outro dos detidos está acusado de conspirar con suspeitosos en “reunións que eran convocadas regularmente sen mención de lugar, hora e contido”, mais ainda, considera-se que se trata de unha persoa habitual nos “ambientes de extrema esquerda”.
• Na axenda dun dos acusados figuran os nomes e endereços doutros tres detidos.
• O Dr. Andrej Holm, que traballa como sociólogo urbano, está acusado de manter contacto estreito con tres indivíduos imputados que están en liberdade.
• Tamén se lle imputa ter participado activamente na “resisténcia organizada pola extrema esquerda contra a Cimeira Económica Mundial de 2007 en Heiligendamm”.
• O feito de non levar consigo a unha reunión –supostamente de maneira intencionada- o teléfono móvel considera-se tamén como “comportamento conspirativo”.

Xunto con Florian L., Oliver R. e Axel H., Andrej Holm ingresou na prisión de Moabit-Berlin o 1º de Agosto onde continua recluído en condicións de extremamente severas, obrigado a permanecer 23 horas ao dia na cela, receber con visitas de apenas meia hora cada quince dias e realizar as entrevistas, incluídas as entrevistas con os advogados, através de panéis de separación. A correspondéncia con a defensa está suxeita a controlo.

Os cargos que constan na orde de detención son fruto dun razoamento por analoxia mui discutivel alicerzado en catro hipóteses básicas que, tomadas por separado, non permiten substanciar evidéncia concreta, mais, combinados, suxeren a evidéncia de “asociación terrorista”.

Identifica-se os científicos como os cérebros da suposta “organización terrorista” en base ao seu lavor de investigación académico, as suas capacidades intelectuais e o seu aceso a fondos bibliográficos. Segundo o Fiscal Federal, a asociación chamada militante gruppe utilizaria os mesmos conceitos que os sociólogos imputados. A prova que avala este raciocínio é o uso do conceito “xentrificación”, unha das chaves das investigacións de Andrej Holm e Marrhias B. nos últimos anos sobre a cal publicaron traballos de difusión internacional. Os sociólogos non ocultaron os resultados das suas investigacións nunha torre de marfin, antes ben puxeron-nos ao dispor de plataformas cidadás e asociacións de inquilinos. Esta é a base sobre a cal se acusa os sociólogos detidos de seren os dirixentes intelectuais do grupo.

Andrej Holm ten amigos, familiares e colegas, e agora todos eles –polo simples feito de o coñecer- converten-se en presumíveis “terroristas”.

Outro dos detidos está imputado por figuraren na sua axenda os nomes de Andrej Holm e de outros duas persoas acusadas (mais non presas) consideradas “terroristas” –asi é como se estabelece “a culpabilidade por asociación”.

O Parágrafo 129ª, introducido en Alemaña en 1976, permite criminalizar os nosos colegas como “terroristas”. Asi é como, através do P.129ª, se proclama a existéncia de un “grupo terrorista”.

Mediante estes constructos, toda a investigación académica e o traballo politico pode ser apresentado como potencialmente delituoso –en particular cando se trata de colegas comprometidos politicamente que interveñen nos conflitos sociais. Asi é como a investigación crítica, en particular a investigación ligada ao compromiso politico, se converte en liderado ideolóxico e “terrorismo.

Solicitamos do Fiscal Federal a suspensión imediata da orde de prisión. Recusamos decididamente a infamante acusación de a actividade de investigacion académica e o compromiso politico de Andrej Holm seren o fundamento de unha suposta “asociación terrorista”. Non se pode ditar unha orde de arresto en base ao traballo académico e político de Andrej Holm. O Fiscal Federal, ao aplicar o Artigo 129, pon en perigo a liberdade de investigación e de docéncia, asi como a participación sócio-politica da cidadania.

Primeiras asinaturas:

Prof. Dr. Manuel Aalbers (Universiteit van Amsterdam), Prof. Dr. Rowland Atkinson
(University of Tasmania, Australien), Prof. Dr. Lawrence D. Berg (Canada Research
Chair in Human Rights, Diversity & Identity, University of British Columbia), Prof. Dr.
Neil Brenner (New York University, Sociology), Prof. Dr. Craig Calhoun (President,
Social Science Research Council, and University Professor, Sociology, NYU), Prof. Dr.
Mike Davis (Prof. of Urban History, Irvine/USA), Dr. Michael Dear (Professor of
Geography at the University of Southern California/Los Angeles), Prof. Dr. Michael
Edwards (The Bartlett Centre for Architecture and Planning, UCL, London), Prof. Dr.
Geoff Ely (University of Michigan, Karl Pohrt Distinguished University Professor), Prof.
Dr. John Friedmann (University of California, Los Angeles), Prof. Dr. Herbert Gans
(Columbia University, New York), Prof. Dr. Alan Harding (University of Salford, UK),
Prof. Dr. Michael Harloe (University of Salford, Vice-President), Prof. Dr. David
Harvey (Distinguished Professor of Anthropology, Graduate Center of the City
University of New York, New York), Prof. Dr. Andreas Huyssen (Villard Professor of
German and Comparative Literature at Columbia University), Prof. Dr. Martin Jay
(Sidney Hellman Ehrman Professor of History, University of California Berkeley), Prof.
Dr. Bob Jessop (Lancaster Universtiy), Prof. Dr. Roger Keil (York University, Toronto,
Canada), Prof. Dr. Rianne Mahon (Carleton University, Ottawa, Canada), Prof. Dr.
Peter Marcuse (Columbia University, New York), Prof. Dr. Margit Mayer (Freie
Universität Berlin), Prof. Dr. Frances Fox Piven (President of the American
Sociological Association, Distinguished Professor of Political Science and Sociology,
City University New York), Prof. Dr. Andrew Ross (New York University, New York),
Prof. Dr. Saskia Sassen (Columbia University, New York, and London School of
Economics) Prof. Dr. Andrew Sayer (Lancaster University, Sociology), Prof. Dr.
Richard Sennett (Professor of Sociology at the London School of Economics, Bemis
Professor of Social Sciences at MIT, Professor of the Humanities at New York
University), Prof. Dr. William Sewell (The Frank P. Hixon Distinguished Service
Professor of Political Science and History Emeritus, University of Chicago), Prof. Dr.
Neil Smith (Distinguished Professor of Anthropology and Geography, Director of the
Center for Place Culture and Politics, Graduate Center of the City University of New
York), Prof. Dr. Michael Storper (Centennial Professor of Economic Geography,
London School of Economics, and Professor of Economic Sociology, Science Po,
Paris), Prof. Dr. Erik Swyngedouw (University of Manchester, UK), , Prof. Dr. Peter J.
Taylor (Loughborough University, UK), Prof. Dr. John Urry (Lancaster University,
Sociology), Dr. Jennifer Wolch (Professor of Geography at the University of Southern
California/Los Angeles).

Contacto con o grupo de solidariedade en Berlin: einstellung@so36.net

Advogado alemán e contacto en Alemaña:

Wolfgang Kaleck

Immanuelkirchstrasse 3-4

D-10405 Berlin

Germany

fon: +49-(0)30-4467-9218

fax: +49-(0)30-4467-9220

Contacto internacional:

Prof. Dr. Neil Brenner (New York University, fon: USA-212-998 8349)

Prof. Dr. Margit Mayer (Freie Universität Berlin, fon: 030-8385-2875)