COMUNICADO DE PRENSA DA COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA.

Perante o iminente debate e votación no Congreso dos Deputados, o dia 17 de Maio, de diversas proposicións non de lei relativas à prevención e eliminación da tortura e os maus tratos, con a introdución de medidas, instrumentos de prevención e controlo do emprego de meios coercitivos, incomunicación e isolamento en reclusión, asi como sobre a ratificación e posta en marcha do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas, a Coordenadota lembra aos señores deputados e e a sociedade en xeral:

1. Que, contra o manifestado o pasado 26 de Abril polo Ministro de Interior, D. José Antonio Alonso, os casos de tortura e maus tratos por parte de membros da Forzas de seguranza do estado e funcionários de prisións non son casos isolados no estado español.

2. Que, como consta no relatório que apresentou o pasado 13 de Maio, intitulado A Tortura no Estado Español. 2004, do que se entregou cópia tanto à mesa do Congreso dos Deputados como ao Ministério do Interior, a Coordenadora para a Prevención da Tortura tivo coñecimento de que o pasado ano, 2004, produciron-se, polo menos, 793 denúncias por tortura e/ou maus tratos, 24 delas en Galiza.

3. Que neste relatório se recollen os casos de 202 funcionários condenados durante os anos 2001-2004, por torturas, delitos e faltas de lesións e/ou contra a integridade física e moral das persoas (56 axentes do Corpo Nacional de Polícia, 46 axentes da Guardia Civil, 83 axentes das diferentes polícias locais, 11 axentes das diversas policias autonómicas e seis funcionários de prisións).

4. Que, segundo o recente relatório apresentado pola Coordenadora estatal de Solidariedade con as Persoas Presas, Morte sob custódia no Estado Español, 2001-2004, polo menos 262 persoas morreron en estrañas circunstáncias cando se encontravan privadas de liberdade e sob custórida e responsabilidade de axentes das Forzas de Seguranza ou de Instituicións Penitenciárias.

5. Que diferentes organizacións, estatais e internacionais, asi como instituicións internacionais veñen reclamando, de forma reiterada, sen que as autoridades correspondentes teñan dado resposta às mesmas, a aplicación de diferentes medidas para prevenir a prática da tortura no Estado español.

Por todo isto, perante a votación o próximo martes dia 17 de Maio, facemos un chamamento aos señores deputados para que, en resposta à grave situación denunciada, tomen posición a favor da urxente tomada das medidas necesárias para prevenir e erradicar esta lacra, nomeadamente:

• A ratificación do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas (asinado polo Governo español no pasado mes de Abril) e, sobretodo, a imediata posta en marcha dos mecanismos estatais para a prevención da tortura previstos neste Protocolo, sen agardar a entrada en vigor oficial do Protocolo, asi como pola independéncia destes mecanismos.

• A posta en marcha daquelas medidas reclamadas reiteradamente por instituicións internacionais, entre elas o Relator Especial para a Cuestión daTortura das Nacións Unidas, do Comité Contra a Tortura de la ONU e do Comité para a Prevención da tortura do Consello de Europa, e mui especialmente a desaparición das situacións de detención incoumunicada e privación de liberdade en rexime de isolamento.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura reitera a sua vontade de permanedcer vixiante para garantir a transparéncia de todo o proceso e compromete-se perante a opinión pública a denunciar calquer tentativa de desvirtuar os mecanismos de prevención reclamados pola própria Coordenadora, asi como polas instáncias estatais e internacionais antes citadas.

16 de Maio de 2005.

Un resumo e o texto íntegro do relatório apresentado pola Coordenadora no Congreso de Deputados e Ministério de Interior, enviado asi mesmo à Presidéncia do Governo, pode ler-se en www.prevenciontortura.org.