PERANTE A QUEIXA DOS MÉDICOS FORENSES DA AUDIÉNCIA NACIONAL CONTRA A POSIBILIDADE DE QUE AS PERSOAS DETIDAS PODAN SER EXAMINADAS DURANTE A SUA ESTADIA EN DEPENDÉNCIAS POLICIAL POR MÉDICOS DA SUA CONFIANZA

A Coordenadora para a Prevención da Tortura quer denunciar a actitude do colectivo de Médicos Forenses da Audiéncia Nacionalque optaron por rexeitar medidas que, caso de se aplicar correctamente, poderian axudar à prevención da tortura no Estado español.

Un dos grandes obstáculos a que nos confrontamos na lujita pola prevención da tortura é o mal entendido corporativismo de alguns sectores profisionais. Os exemplos avondan: axentes ou sindicatos policiais que fan piña con compañeiros acusados de tortura e/maus tratos, que rexeitan a instalación de cámaras alegando direito à intimidade do polícia actuante, xuíces que descalifican como ataques à sua independéncia as críticas por non investigaren apropriadamente casos de tortura… O último episódio coñecido pola Coordenadora para a Prevención da Tortura foi a apresentación dunha queixa, perante o Consello Xeral do Poder Xudidical (CXPX) e o Decanato da Audiéncia Nacional polos médicos forenses que traballan neste tribunal especial protestando pola autorización concedida para que alguns médicos de confianza de persoas “detidas por terrorismo” fosen acompañadas nos exames médicos que se efectuan a estas persoas.

O colectivo de Médicos Forenses da A.N. expresan que esta autorización “supón pór en cuestión” o traballo que realizan para “avalar o bon estado de saúde dos detidos despois da sua estadia en dependéncias policiais”. Precisamente o seu traballo non deveria consistir en “avalar o bon estado de saúde dos detidos” senón en acreditar o estado de saúde real, quer sexa este bon ou non, e , no caso de non o ser, descrevé-lo (lesións que apresenta, doenzas que padece…) e indicr as causas e orixe dese estado, lavor que, segundo reiterados relatórios de organismos de DD.HH. internacionais non fan.

O papel do médico forense da Audiéncia Nacional é fortemente contestado por organismos como o CPT (Comité para a Prevención da tortura do Consello de Europa) ou o IRCT (Centro Internacional de Reabilitación contra a Tortura de Copenhague). O primeiro indicou na sua visita de 1998 que devian ser “adoptadas medidas específicas para rexistar os resultados dos seus exames médicos”. No seu relatório de 2001 denunciava que estas medidas non se tivessen incorporado e que os forenses designados pola A.N. nen “sequer usavan os formulários regulados para eses efeitos”. A IRCT valorava a calidade dos relatórios forenses constatando que “a maioria dos documentos apareceron con significantes faltas de información no que à descrición de maus tratos e de exames clínicos di respeito”. Portanto, a capacidade destes funcionários para cumprir o seu cometido de salvaguarda e prevención está claramente posta en causa.

Neste sentido, hai qaue lembrar que, durante o xuízo celebrado na A.N., en 1995, contra os independentistas cataláns detidos durante os Jogos Olímpicos de Barcelona, unha das médicas forenses dese Tribunal, que examinou os detidos durante a sua detención incoumunicada, viu-se obrigada a confesar que os recoñecimentos efectuados, en que baseou os seus relatórios, foron de todo insuficientes. E escusou o seu comportamento na caréncia de meios adecuados, afirmando, segundo se pode comprovar na acta do xuízo mencionado, que disponia apenas dunha luz e unha mesa. No entanto, esta caréncia de meios non consta nos relatórios forenses redactados que, deste xeito, serviron tempo despois para xustificar o arquivo das denúncias por tortura apresentadas polos detidos. Anos despois, o Estado español foi condenado polo Tribunal de estrasburgo, por vulneración da Convención contra a Tortura durante a opración policial antes apontada en que participaron como profisionais polo menos dous médicos forentes da A.N. Non admira portanto que o papel dos profisionais da medicina forense adscritos à A.N. estexa desde hai tempo desacreditado en muitas instáncias nacionais, estatais e internacionais.

Despois destas críticas, desde hai uns meses, o xuiz Baltasr Garzón, instrutor precisamente da causa penal contra os independentistas cataláns, permitiu nalgunhas ocasións que un médico de confiana de persoas detidas sob rexime de incomunicación poda examiná-las en presenza do médico forense designado polo próprio tribunal. Esta medida foi ben recebida polas organizacións d eDD.HH. e os próprios médicos que puderon asistir a algunhas persoas incomunicadas, esta vez independentistas vascas. Con efeito, se ben son poucos os casos en que se aplicou, subliñaron que esta medida axuda a persoa detida a “manter o contacto con o mundo e serve-lle de orientación” durante o prazo de isolamento ue supón a incomunicación, que en si mesma xa representa un tratamento cruel. Aliás, a supervisión dun médico de confianza é unha medida que xera imediatez na detección da tortura e na prevención de que, no caso, esta continua praticando-se. Apesar diso, non obstante, esta medida por si só non evitur que algunha persoa detida a quen se aplicou recebese golpes e ameazas e sofrese posicións extenuantes no traxecto a Madrid, segundo as denuncias formuladas.

Por todo isto, desde a Coordenadora para a Prevención da Tortura, mais unha vez esiximos a posta en prática das recomendacións internacionais para prevenir a tortura no estado español (que inclui o direito de todas as persoas detidas a seren examinadas por un médico de confianza encanto estaán privadas de liberdade) e a implementación dos Mecanismso de Prevención previstos no Protocolo Facultativo à Convención das Nacións Unidas contra a Torutra e outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes. Mais, ao mesmo tempo, temos de lembrar que a decisión de erradicar este fenómeno non está apenas en que toma decisións políticas senon tamén nos profisionais mais próximos à sua orixe.

Ao noso parecer, os próprios forenses da A.N. terian de considerar positivo en termos profisionais o feito de que se lles facilite axuda por parte de médicos alleos ao sistema xudicial e que sexan da confianza da persoa detida, xa que, deste xeito, poderian realizar con maior feicácia o seu lavor de médicos, por supor aquela unha seguna opinión facultativa e por evitar posíveis susceptibilidades e desconfianzas por parte da persoa detida, que ve neles membros do aparato do Estado que a detivo. O feito de rexeitaren e denunciaren esta axuda só pode ser interpretado como unha interiorización dos médicos forenses de a sua función ser a de encobrir posíveis violacións dos DDHH que puderen acontecer sob a sua xurisdición.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura, está formada por:

Acció dels Cristians per l’Abolició de la Tortura (ACAT), Alerta Solidària, Asociación APOYO, Asociación Érguete, Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans, Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento, Asociación Contra la Tortura, Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia, Asociación Libre de Abogados, Associació Memòria Contra la Tortura, Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón, Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos), Centro de Asesoría y Estudios Sociales, Centro de Documentación Contra la Tortura, Comissió de Defensa del Collegi Barcelona, Comité Anti-Sida de Lugo, Concepción Arenal, Coordinadora Antirepressiva de Gràcia, Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá, Coordinadora de Barrios de Madrid, Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas, Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), Etxerat, Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga, Federación Enlace, Fundación Érguete, Gurasoak, Institut Drets Humans de Catalunya, Justicia i Pau, Movemento polos Dereitos Civis, Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans, Pastoral Penitenciaria de Lugo, PreSOS Extremadura, PreSOS Galiza, Rescat, SalHaketa (Bizkaia), SalHaketa (Araba), Torturaren Aurkako Taldea, Torturaren Kontrako Taldea, Voluntariado Penitenciario de Lugo, Xusticia e Sociedade.