Carta aos membros do parlamento europeu

O 29 de Novembro, será apresentado ao Parlamento Europeu o Proxecto de Directiva sobre detención e expulsión de persoas estranxeiras.

A partir de 1990, a política europea levada a cabo polos diferentes Governos en matéria de imigración e de asilo conduciu a unha redución contínua das garantias e proteccións fundamentais das persoas. Europa transforma-se nunha fortaleza e implanta meios desproporcionados para impedir o aceso ao seu território e expulsar as persoas estranxeiras “sen papéis”.

O proxecto de Directiva de Retorno, de se levar a cabo, constituiria unha nova regresión. Ao prever un período de detención que pode atinxir até 18 meses para persoas cuxo único delito é quereren viver en Europa, este proxecto implica en si próprio unha lóxica desumana: a xeneralización dunha política de internamento das persoas estranxeiras que poderia asi converter-se no modo normal de xestión das populacións migrantes.

Ao estabelecer unha proibición de 5 anos antes de as persosas expulsadas poderen voltar a Europa, este proxecto de Directiva estigmatiza esas persoas e transforma-as en delinquentes que deven ser excluídos.

Por primeira vez neste ámbito, este proxecto de Directiva será xestionado con un procedimento de co-decisión entre o Parlamento Europeu e o Consello de Ministros. O Parlamento ten por fin a posibilidade de pór termo a esta política regresiva que vai contra os valores humanistas que constituen a base e a forza do proxecto europeu.

Os membros do Parlamento Europeu teñen hoxe unha responsabilidade histórica: actuaren para impedir que Europa caia novamente nunha época obscura de segregación entre nacionais e indesexáveis, através da sistematización dos centros de internamento e de afastamento forzado.

SOLICITAMOS AOS MEMBROS DO PARLAMENTO EUROPEU QUE ASUMAN AS SUAS RESPONSABILIDADES E REXEITEN ESTE PROXECTO.