Co nome de lobby militar industrial denomínase quen desde o ámbito industrial exerce presión sobre os gobernos en favor dos seus intereses corporativos. No Reino de España tamén temos este lobby que coarta as decisións de quen goberna. Isto é moi visibel a través das denominadas portas xiratorias. Así vemos como políticos ou mandos militares pasan a ser directivos en empresas militares. Se a isto acrecentamos que existe un oligopolio na industria de guerra española, entendemos como se produciu a enorme burbulla de armamentos, ao extremo ter deixado unha débeda pública acumulada de 35.000 millóns de euros por adquirir programas de armas que, ademais, contribúen a aumentar ano tras ano o déficit público.