Detectan menor entre inmigrantes internados en Archidona y piden protección

 

Muros altos, ‘concertinas’, ‘anciños’ de pasaxe. Primeiro foi Alxeciras (Cádiz), onde un antigo cárcere foi convertido en Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE). Agora é un centro penal aínda por inaugurar (Málaga II, en Archidona) o que serve como improvisado lugar para acoller medio millar de inmigrantes chegados o pasado fin de semana ás costas españolas. Como é o lugar en que os recibiu o Goberno español e en que condicións están? A falta de testemuños directos (moitos aínda non recuperaron os seus efectos persoais), os primeiros visitantes do cárcere-CIE falan dun réxime de seguranza alén do que realmente é, un centro penal.

Apesar de que hai menos dun ano o ministro Zoido dicía que os CIE non tiñan “carácter penal”, o feito consumado por Interior e denunciado xa perante o Defensor del Pueblo Español por organizacións sociais, criticado tamén duramente por PSOE, Podemos e EU en Andalucía, é “unha improvisación dun centro que non está preparado para ser aberto nin para albergar perto de 500 persoas”, segundo o avogado José Luís Rodríguez Candea, que puido visitar o lugar como membro da federación Andalucía Acoge.

Sen teléfono nas instalacións co que poder exercitar o dereito de facer unha chamada para informar o exterior do seu ingreso no centro, como establece o regulamento. Sen máquina expendedora de tabaco nin de café. Algúns con síntomas de ansiedade, segundo sinala o letrado. “Persoas bastante desorientadas que non comprendían a situación. Preguntábannos se eles estaban en prisión”, indica. O contexto era de “máis rixidez” que nun cárcere.

“A situación tamén desbordou aos propios funcionarios”, confesoulle o director accidental, quen lle explicou que estaban a tratar de solucionar todas esas circunstancias. “É un centro absolutamente penal, con todo o sinal penal que, aínda que é evidente, non está de máis lembralo: muros altos, ‘concertinas’, ‘anciños’ para acceder aos diferentes sitios, etc. Unha contorna que vai alén, basicamente porque se trata de centros diferentes, do que unha xuíza denunciou nos CIE de Alxeciras e Tarifa e as con condicións máis propias dun “réxime carcerario”.

Quen se encarrega en Archidona da custodia dos inmigrantes? Aínda que a previsión era que funcionarios de prisións ocupasen a súa praza a primeiros de ano, foron axentes da Policía Nacional, convocados de urxencia, os primeiros en chegar. Segundo relata o avogado de Andalucía Acoge o seu aspecto é o de “asalto”, “con petos, xoelleiras… como se estivesen preparados para ir a unha manifestación, como un antidisturbios mais sen o casco, coas porras no cinto”.

A forma de actuaren dos migrantes “desorientados e sen entenderen a súa situación” tamén lembra o lugar en que Interior decidiu aloxalos: “Todos ían coas mans detrás, sen alxemar, cun tratamento moi de seguranza, impropio dun CIE para estranxeiros que non cometeron ningún feito delituoso, e con moita máis rixidez do que un centro penal”, explicou Candea.

A respecto do desabastecemento de auga potábel denunciado pola propia alcaldesa de Archidona ou o sindicato Acaip, fontes do Ministerio sinalaron que a rede se está hiperclorando e que, por precaucación, aos inmigrantes dáselles auga engarrafada. As fontes aseguraron que a auga da rede é salubre e apta para o aseo persoal dos internos.

Fonte: eldiario.es