Esta circunstáncia, e o constante acoso a que segundo as suas palabras era submetido polos funcionários do centro, decidiron-no a autolesionar-se como única medida ao seu alcance para protestar pola sua situación. Agora ten duas úlceras sangrantes cuxa causa fundamental se deve segundo todos os indícios à excesiva demora dos médicos en lle extrair as pillas.

CÍRCULO VICIOSO

Mais non acabaron aí as penalidades de Miro Fernández.. Segundo consta na denúncia apresentada no Xulgado de Pontevedra, o dia 29 de Xullo volve a sofrer acoso e o dia 1º de Xullo, cando saía da sala de TV e despois de pasar polo arco detector, é abordado por seis funcionários (alguns deles en servizo o 21 de Xuño) que lle din que van cacheá-lo e lle indican que se poña de cara a parede con pernas e brazos abertos. Nesta postura, un dos funcionários agarra-o polos testítuclos e cando o interno pergunta que pasa recebe unha forte bofetada que o deita no chan. Unha vez caído, dan-lle pontapés, pisan-lle a cabeza e –alxemado- e levado à cela 20 onde o deixan amarrado de pés e máns à cama até às 21 horas.

Sobre as 19 horas a médica chega à porta da cela, pergunta-lle onde lle dói e marcha. Máis comunicativo parece ter-se mostrado o Director do centro que aproveita a visita non para interesar-se sobre a situación do interno e coñecer a sua verson dos feitos, senón para recriminar-lle a sua atitude.

O 14 de Xullo, isto é pasadas duas semanas desde a denunciada agresión, o advogado de Miro Fernández pudo constatar que este ainda tiña erosións nas pernas e ombro esquerdo.