Arosa Gaspar, que permanece en prisión desde hai 18 anos, os dous últimos en terceiro grao, faltou o reconto un dia ainda por determinar entre o 29 de Xuño e o 6 de Xullo para aparecer apenas meia hora mais tarde afirmando que estivera no pátio. Non hai testemuñas do que aconteceu durante a sua conversa con o funcionário mais sabe-se que, despois de dar a sua explicación, o interno voltou demudado, entrou na cela e queimou-se.