A organización leva 10 anos traballando para que se asuman ditas competencias, tal como establece a lexislación (lei 16/2003) e máis aínda cando a execución de sucesivos convenios entre administracións central e autonómica, sinalan, mostráronse inútiles e xeraron non poucos problemas á poboación recluída no que á atención á súa saúde se refire. Por iso, solicita que o traspaso sexa levado a cabo con urxencia dado que pasaron 13 anos desde a aprobación da lei.

"Trátase de parches con múltiplas lacunas que se converten en problemas moi graves para a poboación pres"?, apuntan. A entidade recorda os últimos casos nos que as persoas presas han ter que pasar ?verdadeiras odiseas? para poder acceder aos medicamentos contra a Hepatitis C.

Especialmente relevante para conseguir a petición das transferencias por parte do Parlamento de Andalucía foi o último informe do Defensor del Pueblo Andaluz, As unidades de custodia hospitalaria: a asistencia sanitaria especializada para as persoas internas nas prisións andaluzas, que recolle as propostas da APDHA dos últimos dez anos, e no que se evidencian unha sanidade de segunda en prisión con problemas como: graves dificultades para acceder á medicación, serios inconvenientes para obter citas de especialistas, perdas reiteradas de citas médicas con prexuízos nalgúns casos moi considerabeis para a saúde dos pacientes, modificación da medicación prescrita, dificultade para o acceso dos médicos de prisións ás historias clínicas, entre outros.

Ademais, a APDHA estima que as transferencias eliminarían a imposibilidade do persoal médico para denunciar ou documentar os casos de malos tratos ou torturas que se producen dentro de prisión, xa que pertencen a Institucións Penitenciarias e teñen que seguir directrices de seguridade máis que médicas.

Así mesmo, a proposición non de lei recolle tamén que se estableza un procedemento para o pagamento dos máis de 4,5 millóns de euros (4.642.611,73 euros) que o Goberno central debe a Andalucía pola asistencia sanitaria ás persoas presas, desde que en decembro de 2013 finalizase o fin do último convenio e ata a actualidade.