«En resposta ao perigo inmediato para os oficiais, estes responderon parando o vehículo. Fixéronse varios disparos contra o coche. Ambos os sospeitosos foron feridos. Un morreu nun hospital e o outro sofre feridas moderadas», engade a nota oficial.

Ningún policía resultou ferido no incidente. O dixital Ynet identifica o suposto atacante falecido como Mustafá Nimr, un mozo duns 20 anos, e sinala que este se achegou no coche «a gran velocidade» aos axentes que patrullaban a zona polo que estes lle deron o alto.

O seu acompañante, ferido, ten 25 anos e foi trasladado ao Hospital Hadasa, en Xerusalén.

Ver mais