Nas suas conclusións, o Tribunal define a invasión do Iraque como umha das mais inxustas guerras da história da humanidade e estabelece cargos contra os Governos dos EE.UU. e o Reino Unido, asi como contra o Consello de Seguranza da ONU por non ter impedido estes crimes de guerra e crimes contra a humanidade; contra o Governo de Coaligación por colaborar na invasión e posterior ocupación; contra os Governos de outros países por permitiren o uso de bases militares e espazo aéreo no seu território; contra diversas corporacións privadas por beneficiaren da guerra, contra os grandes grupos mediáticos por espallaren deliberadamente falsidades e omitiren informar das atrocidades reais.

Tamén estabelece unha série de recomendacíóns que incluen o recoñecimento do direito do povo iraquiano a resistir contra a ocupación ilegal do seu país e a desenvolver instituicións próprias. Con a próxima publicación das suas conclusións e a edición das provas que as fundamentan, o Tribunal pon fin aos traballos desenvolvidos ao longo dos dous últimos anos nos mais diversos lugares do mundo.

Quen quixer consultar toda a documentación, pode facé-lo en www.worldtribunal.org.