Agora o deputado Esteban Bravo pregunta ao goberno se levou a cabo algunha actuación para implementar as medidas ditaminadas polo Comité de Derechos Humanos da ONU en 2014 a fin de evitar a tortura e garantir que A.A. reciba un trato humano e se respecten os seus dereitos. Tamén pregunta Esteban Bravo se o goberno fixo as xestións necesarias perante Marrocos para levar a efecto a decisión do Grupo de Trabalho sobre a Detención Arbitraria da ONU, que solicitou o 28 de agosto de 2013 que A.A. fose posto en liberdade inmediatamente e fose recompensado de maneira adecuada polas penalidades sofridas.

Ver máis.