A UE sinala que a recolección deses datos significa que os cidadáns senten en "constante vixilancia" e permite aos gobernos chegaren a "unhas moi precisas conclusións" sobre as súas vidas privadas. A Investigatory Powers Bill legaliza o programa de vixilancia a escala global de Reino Unido e introduce un factor novo: o goberno pode almacenar nunha base de datos información relativa a cada cidadán do país. Ademais, poderá hackear equipos e dispositivos, a infraestrutura de Internet e mesmo pobos enteiros se o cren necesario.

O Tribunal de Xustiza da UE continúa dicindo que "o obxectivo de combater o crime é o único capaz de justificar esa interferencia", e engade que unha lexislación como a británica "excede os límites do que é estritamente necesario e non pode ser considerada como xusta nunha sociedade democrática".

De momento, o Reino Unido xa dixo que apelará a decisión no Tribunal de Apelacións da UE. A nova regra ditada a pasada cuarta-feira apunta directamente cara á Investigatory Powers Bill, aínda que non signifique o fin da mesma. Igualmente, a UE non ten competencias sobre a maneira en que cada país xestiona a seguridade nacional. Ademais, se finalmenteo  Reino Unido sae da UE o ano que vén, xa non estarían suxeitos ás regras europeas.

No Reino de España xa existe Lei de Conservación de Datos

Xa hai quen recibiu con alegría a noticia, por exemplo Jim Killock, director do grupo polos dereitos civís do Reino Unido. Contáballe a The Verge que isto foi unha "clara mensaxe" ao goberno británico de que a vixilancia é "intrusiva e inaceptábel nunha democracia".

No Reino de España, a Lei de Conservación de Datos tamén ampara ás operadoras que queiran conservar a nosa información,  até un período de 12 meses, prolongábeis até dous anos. Ademais, a reforma da Lei de Axuizamento Criminal permite que a policía poidan rexistrar dispositivos de almacenamento, de forma física e remota; e sob mandato xudicial poden instalar spyware para recompilar datos dun usuario sen o seu consentimento.

Ver máis.