noticia
Mantén proceso contra nove militantes
A AN revoga ilegalización de Causa Galiza

"É un duro golpe ao entramado terrorista" afirmou Santiago Villanueva, delegado do goberno español en Galiza, en outubro de 2015 a raíz da operación policial que detiña 9 militantes de Causa Galiza e levaría a suspender a organización. Trece meses despois da prohibición das súas actividades, Causa Galiza recupera a condición de organización política legal.

Ler máis

noticia
Contra a Xunta de Galiza
As mortes por Hepatite C que motivarom a denuncia por homicidio

A querela da Fiscalía contra 2 altos cargos da Xunta a que atribúe os delitos de homicidio por imprudencia profesional grave e prevaricación está armada con decenas de documentos, normativa da Consellería de Sanidade e testemuños de médicos que tiveron contacto directo cos pacientes e indaga nas historias clínicas de 6 doentes con hepatite C que morreron en 2014.

Ler máis

noticia
hackeo masivo de teléfonos e computadores
A UE declara ilegais leis de vixilancia no Reino Unido

Despois de o Reino Unido aprobar en novembro a Investigatory Powers Bill, o Tribunal de Xustiza da UE declara que a recollida "xeral e indiscriminada" de datos só está xustificada para combater o crime. En abril soubemos que os funcionarios da oficina de inmigración do país levaban desde 2013 hackeando teléfonos e computadores das perosas refuxiadas e solicitantes de asilo.

Ler máis

noticia
Condenada por organismos da ONU
Pregunta no Congreso sobre extradición irregular do Reino de España a Marrocos

O pasado 15 de decembro, o deputado Aitor Esteban Bravo (EAJ-PNV) formulou pregunta ao goberno sobre a extradición de A.A. a Marrocos  o 14 de decembro de 2010 a pesar do grave risco que existía de ser sometido a tortura e das serias reservas do Comité contra a Tortura e o Comité de DD.HH. da ONU, que condenou posteriormente o Reino de España por esta extradición. 

Ler máis

noticia
Declaração do MPPM
Resolução do Conselho de Segurança da ONU condena colonatos de Israel

O Conselho de Segurança da ONU aprovou no dia 23 de Dezembro passado uma resolução contrária aos colonatos israelitas no território palestino ocupado. Votaram a favor quatro membros permanentes (China, França, Reino Unidos, Rússia) e todos os 10 membros não permanentes. Os Estados Unidos não utilizaram o direito o direito de veto, optando pela abstenção.

Ler máis

noticia
Denuncia, transmisión e banco de datos
Catalunya contará cunha ferramenta para denunciar on line abusos policiais

Un sistema de rexistro, comunicación e alerta de casos de violencia institucional (Sirecovi) permitirá a vítimas, persoas próximas e organizacións sociais informar online sobre casos de torturas e malos tratos de funcionarios públicos e vixiantes privados en Catalunya. As denuncias serán comunicadas a entidades nacionais e internacionais de protección dos dereitos humanos.

Ler máis

noticia
Última reforma do Código Civil
As persoas cegas e xordas necesitarán autorización para casar

"Se algún dos contraentes [de matrimonio] estiver afectado por deficiencias mentais, intelectuais ou sensoriais, esixirase polo Secretario xudicial, Notario, Encarregado do Rexistro Civil ou funcionario que tramite a acta ou expediente, ditame médico sobre a súa aptitude para prestar o consentimento". Así ficará redactado o art. 56 do Código Civil após a última reforma.

Ler máis

noticia
“Ferramenta de liberdade de expresión”
Xuristas asinan declaración en favor da legalidade do movemento BDS

Un nutrido grupo de xuristas de diveros estados europeos asinan unha declaración crítica coas medidas aprobadas por algúns gobernos contra o movemento BDS ", unha ferramenta legal e lexítima de liberdade de expresión, unha liberdade profundamente prezada e consagrada nas leis nacionais internas e en moitas das convencións internacionais de dereitos humanos".

Ler máis

entrevistas
Sabela e Óscar
“Non esperabamos ser detidas por canto as nosas actividades, a nosa militancia, eran públicas e legais”

Ler máis