destacado
ESCULCA organiza um curso gratuito em segurança e privacidade digital para activistas

Ler máis

noticia
Un penal baixo sospeita
Denuncian funcionario de Teixeiro por posíbel delito contra o dereito a defensa

O avogado Fernando Blanco presentou o pasado 31 de decembro denuncia contra o funcionario do cárcere de Teixeiro identificado como mando de incidencias por un posíbel delito contra o dereito á defensa.  Na tarde do día 30/12 este funcionario obstaculizou comunicación de internos do centro coa avogada Yolanda Ferreiro e o propio Fernando Blanco.

Ler máis

noticia
Mantén proceso contra nove militantes
A Audiencia Nacional revoga ilegalización de Causa Galiza

"É un duro golpe ao entramado terrorista" afirmou Santiago Villanueva, delegado do goberno español en Galiza, en outubro de 2015 a raíz da operación policial que detiña 9 militantes de Causa Galiza e levaría a suspender a organización. Trece meses despois da prohibición das súas actividades, Causa Galiza recupera a condición de organización política legal.

Ler máis

noticia
“Dous emigrantes mortos. Outro perdeu un ollo”
Arcebispo de Tánxer desmente Delegación do Goberno

O arcebispo de Tánxer, Santiago Agrelo, asegura que dous mozos, un de Camerún e outro de Guinea Conakry, perderon a vida no intento de salto ao valo fronteirizo de Ceuta a pasada Noitevella. O relixioso afirma tamén que outro mozo camerunés, non un xendarme marroquí, perdeu un ollo no decurso dos incidentes, o que contradi a información da Delegación do Goberno en Ceuta.

Ler máis

noticia
Denuncia, transmisión e banco de datos
Catalunya contará cunha ferramenta para denunciar on line abusos policiais

Un sistema de rexistro, comunicación e alerta de casos de violencia institucional (Sirecovi) permitirá a vítimas, persoas próximas e organizacións sociais informar online sobre casos de torturas e malos tratos de funcionarios públicos e vixiantes privados en Catalunya. As denuncias serán comunicadas a entidades nacionais e internacionais de protección dos dereitos humanos.

Ler máis

noticia
O TC declarou nulas as mudanzas lexislativas
O SEPE obrigado a pagar o subsidio a varias persoas ex presas

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é obrigado a moverse na súa pretensión de non pagar o subsidio por desemprego a persoas ex presas vascas que o solicitan. Polo menos en 19 casos, este organismo dependente do Executivo español recoñeceu o dereito a esta prestación unha vez que os xulgados aplican unha sentenza do Tribunal Constitucional.

Ler máis

noticia
Pola canción “Juan Carlos o Bobón”
Pablo Hasel volve ser citado na Audiencia Nacional

A Audiencia Nacional española volveu citar o rapeiro Pablo Hasel para lle tomar declaración o próximo 23 de xaneiro. Nesta ocasión está citado a declarar polas súas afirmacións no tema «Juan Carlos o Bobón». Nel, o rapeiro critica o rei emérito do Reino de España e asegura que a monarquía española «ten os días contados porque se achega a república popular».

Ler máis

noticia
Relatório de Human Rights Watch sobre Israel
Políticos e exército incentivam que soldados ‘atirem para matar’

Integrantes do alto escalão das forças de segurança e o governo de Israel incentivam seus subordinados a "atirar para matar" os palestinos desde que começou a onda de ataques em 2015, inclusive quando os mesmos não representam ameaça para segurança, denunciou a ONG internacional HRW (Human Rights Watch) em um relatório apresentado nesta segunda-feira (02/01).

Ler máis

noticia
Acordo do goberno co Partido Laborista
Noruega deporta en 2016 número record de inmigrantes sen papeis

Até finais de novembro, a policía norueguesa levaba expulsado 7.312 persoas, a maior cifra histórica e que supón un 5% máis do que no mesmo período do ano anterior, segundo cifras do Servizo de Inmigración da Policía citadas polo jornal VG. Contodo a polícia di que é pouco probábel chegar ao obxectivo do goberno que tiña previsto deportar 9.000 persoas.

Ler máis