O agredido conta así o que ocorreu:

"De camiño a casa un coche patrulla da Garda Urbana viume andando e comezou a seguirme derrapando, entón, eu escapei e perseguíronme até eu chegr a un parking e esconderme atrás dun coche. Os dous axentes atopáronme e un deles comezou a baterme cunha porra extensíbel. Após numerosas pancadas nas pernas e mesmo na cabeza, recoñeceume a cara e dixo o meu nome ao compañeiro, dicíndolle: <<É… quen ía ser se non?>>. Entón dirixiume até onde estaba o caldeiro da cola. De camiño, continuaban batendo en min e ameazando, precisamente por ser solidario coa Plataforma pola absolución de Pablo Hasel e Ciniko e participar en movementos sociais da cidade (lembrábame que estou en todas partes).

Cando chegamos ao lugar en que estaba o caldeiro da cola, deume un bofetón na cara para asustarme e obrigarme a dicir quen era a persoa que ía comigo, ao que eu, a pesar das pancadas que viñeron despois non cedín. Tamén me ameazou con obrigarme a beber a cola, dicindo <<gústache a cola, verdade? Pois vas probala>> e <<se es home para colar cartaces has de selo para ficar quieto>> <<Eu si son un home>> engadiu. Tamén me preguntou onde estaban os cartaces, ao que eu respondin que xa estaban colados. Despois entroume co tema da manifestación que se fixo pola absolución de Pablo Hasel e Ciniko, chegando a dicir que eu e o meu pai (á que acudimos como solidarios) chamarámoslle <<asasino e torturador>> (Totalmente falso, mais igualmente estaba a demostrar que é certo que é un torturador).

En ningún momento colaborei con eles para identificar a outra persoa e díxenlle <<non vas mudarme nin a afastarme do camiño, por moita porrada que des>>. Causoume lesións nunha perna  e na outra un buraco polas pancadas da porra extensíbel. Tamén teño dorido o nocello, a cabeza, e o beizo polas pancadas e os bofetóns. O seu compañeiro en todo momento e vendo a brutal malleira, non fixo nada. Unhas persoas que paseaban pola rúa pararon a ollar preguntando que pasaba, vendo que un deles me estaba agredindo, ao que o torturador respondeu: <<Eh ti, circulando>>.

Ver máis