Os ministros europeus de Xustiza e a Comisión Europea pretenden armacenar as comunicacións telefónicas, electrónicas e por fax de 450 millons de persoas. Se estás en contra deste proxecto, por favor, asina a petición.

Que ten de mau a retención de dados? A retención de dados que se propón revelará quen chama ou envia mensaxes a quen, que páxinas web visitamos e mesmo desde onde chamamos utilizando o móvel. As compañias telefónicas e aos fornecedores de servizos de Internete serán obrigados a armacenar todos os dados de tráfico dos clientes e a policia e servizos de intelixéncia da Europa acederán a eses dados. As diversas propostas que agora mesmo están sobre a mesa prevén períodos de retención que van de seis meses a catro anos.

A retención de dados é unha técnica invasiva que interferirá na vida privada de 450 millóns de persoas en Europa. A retención significará unha ampliación sen precedentes da capacidade de vixiláncia e anulará muitas das garantias previstas en instrumentos europeus de salvaguarda dos direitos fundamentais como as directivas de protección de dados e a Convención Europea de Direitos Humanos.

A retención de dados suporá a interferéncia do governo na tua vida e comunicacións privadas à marxe de seres ou non suspeitoso de algun crime.

A retención de dados non é a solucion do terrorismo e o crime!.

ESCRITO DE APOIO

Considero que:.

. A retención de dados é unha ferramenta invasiva que interfere na vida privada;

. A retención de dados privados de todas as persoas é, segundo o Artigo 8 da Convención Europea de Direitos Humanos, unha prática ilegal por ser desproporcionada;

. A seguranza que proporciona a retención pode ser ilusória, xa que é posível os dados de tráfico asociados a unha persoa estaren en realidade vinculados a unha actividade levada a cabo por outra ou a un proceso non relacionado con as actividades da persoa controlada;

. Os meios empregados para aplicar esta política non son lexítimos, xa que alguns Estados membros que non lograron aprovar esta política nos seus próprios Parlamentos tratan agora de conseguir a sua aprovación através da UE en nome da harmonización de politicas europeas e a cooperación internacional.

Solicito à Comisión Europea e ao Parlamento Europeu que examinan a proposta de reención de dados seriamente e que defendan a protección dos direitos humanos, incluída a intimidade, nestes tempos difíceis.

Mais información: http://www.dataretentionisnosolution.com/