O traballo divide-e en duas partes. Na primeira descreven-se os instrumentos das Nacións Unidas destinados a promoveren a defensa de direitos humanos. Na segunda expoñen-se 24 exemplos de criminalización de persoas e organizacións que traballan na denúncia de maus tratos e torturas, organizados en catro apartados:

Insultos, ameazas e descalificacións,

Obstaculización da actividade de organismos sociais e profisionais (agresións, proibicións, custos económicos),

Querelas penais,

Acusacións de terrorismo.

Asi mesmo, o relatório foi remetido aos seguintes Organismos Internacionais encarregados de examinar o cumprimento dos compromisos adquiridos polos estados na defensa dos Direitos Humanos e Convénios Internacionais por eles suscritos,

Sra. Hina Jilani (Paquistán). Representante Especial do Secretário Xeral sobre a situación dos defensores dos direitos humanos, que expresamente solicitou da sociedade civil española información sobre a situación das/os defensores de direitos humanos e as medidas tomadas no ámbito do estado para a implementación da Declaración.

Sr. Martin Scheinin. Relator Especial da ONU sobre a promoción e a protección dos direitos humanos e as liberdades fundamentais na luita contra o terrorismo, que actualmente está en misión oficial no Estado español.

Comité de Direitos Humanos das Nacións Unidas, que o próximo mes de Outubro de 2008, na 94ª sesión, examinará o relatório do Estado español.

Comité Europeu para a Prevención da Tortura.

Comité Contra la Tortura das NN.UU.

Galiza, 10 de Maio de 2008

A COORDENADORA PARA A PREVENCIÓ DA TORTURA ESTÀ FORMADA POR:

Acció dels Cristians per l’Abolició de la Tortura (ACAT) – Alerta Solidària – Asociación APOYO – Asociación EXIL – Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans – Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento -Asociación Contra la Tortura – Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia – Asociación Libre de Abogados – Associació Memòria Contra la Tortura – Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) – Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) – Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos/Euskal Herriko Giza Eskubideen) – Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) – Centro de Documentación Contra la Tortura (CDDT) – Comissió de Defensa del Col.legi d’Advocats Barcelona – Comité Anti-Sida de Lugo – Concepción Arenal – Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid – Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia – Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá – Coordinadora de Barrios de Madrid – Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas (CESPP) – Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) – Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) – Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) – Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga – Federación Enlace – Fundación Érguete – Gurasoak – Grupo 17 de marzo (Sociedad andaluza de juristas para la defensa de los DDHH) – Institut Drets Humans de Catalunya – Justicia i Pau – Movemento polos Dereitos Civis – Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB (OSPDH) – PreSOS Extremadura – PreSOS Galiza – Rescat – SalHaketa (Bizkaia) – SalHaketa (Araba) – Sos Racisme Catalunya – Torturaren Aurkako Taldea (TAT) – Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea – Xusticia e Sociedade