Esta plataforma foi criada en Roma o 13 de Maio de 2002, como resultado do compromiso adquirido polas asociacións asinantes da Declaración Final do Primeiro Congreso Mundial Contra a Pena de Morte celebrado en Xuño de 2001 en Estrasburgo.

A Coalición, composta por 35 organizacions (asociacións, coléxios de advogados, sindicatos, etc.), ten por obxectivo fortalecer a dimensión internacional da luita contra a pena de morte e contribuir à supresión definitiva das execucións no mundo. Traballa tamén para facilitar a constituición ou o desenvolvimento de coalicións nacionais e presionar os organismos internacionais e os Estados para que tomen medidas no mesmo sentido.

Desde 2002, a Coalición coordena os esforzos dos grupos de presión no seo da Comisión dos Direitos humanos das Nacións Unidas en Xenebra e presta apoio às iniciativas da Unión Europea tendentes a incrementar o número de estados contrários à pena de morte.