. as infundadas suspeitas de un granxeiro que confundiu a reunión de un grupo de amigos musulmanos con unha reunión de terroristas,

. a falsa descoberta de armas de fogo nunha libraria islámica,

. a hipotética relación de algun detido en Belmarsh con Mozzam Begg (prisioneiro en Guantánamo),

. a suspeita de alguns detidos traballaren na recollida de fondos para a causa terrorista cando en realidade se tratava de buscar financiamento para obras de beneficiéncia (entre outras un orfanato rexido por u padre canadiano).

A recente sentenza da Cámara dos Lordes, que declara ilegal a Lei anti-terrorista británica, e a falsidade das provas que se alegan para manter en prisión estas persoas, deve conducir, afirma Liberty, à imediata posta en liberdade de todos os detidos.