A Association pour la Prévention de la Torture, organización de orixe suíza a que se deve en grande medida a aprovación dese Protocolo, salienta na sua páxina web, onde informa dia a dia do desenvolvimento da campaña mundial, o importante papel que desempeñaron no estado español os colectivos que integramos a Coordenadora para a Prevención da Tortura e afirma o seu compromiso de apoiar esta plataforma para garantir que o futuro comité de visita e controlo aos centros de retención conte con a participación activa de persoas e asociacións que garantan a eficácia do mecanismo.