COMUNICADO FINAL DA COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA (CPT)

A ratificación e aplicación do Protocolo Facultativo da ONU é un paso necesário para avanzar na prevención da tortura.

A persisténcia da tortura no Estado español manifesta-se nas denúncias e testemuños daquelas persoas que a sofreron directamente. O Relatório da Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) mostra que 800 persoas denunciaron ter sido torturadas no ano 2004, e que entre os anos 2001 e 2004 foron imputados 227 membros das forzas de seguranza en delitos relacionados con a prática da tortura. Muitas outras torturas e maus tratos non foron denunciados e noutros casos os agresores beneficiaron da impunidade que envolve a prática da tortura no Estado español.

Perante a gravidade da situación, a sociedade civil, seguindo as recomendacións do Relator da ONU para a Tortura, asumiu a responsabilidade de criar un espazo público de propostas e debate de fórmulas para prevenir esta prática aberrante.

Por outra parte, a CPT quer asi mesmo denunciar que o Estado español non tivo en conta nengunha das recomendacións do Relatório que en 2004 elaborou o responsável da ONU e non tomou as medidas aí recomendadas, entre outras:

• A supresión do rexime de incomunicación e isolamento (R66).

• A elaboración de un plano xeral para impedir e suprimir a tortura (R65).

• A investigación imediata e eficaz das denúncias e relatórios de torturas e maus tratos (R69).

• O resarcimento e reparación das vítimas da tortura (R70).

• A ratificación e aplicación do Protocolo Facultativo (R73).

As 37 asociacións que formamos a Coordenadora para a Prevención da Tortura asumimos o repto de organizarmos estas xornadas e convidamos ao debate o Sr. Theo van Boven, ex Relator da ONU para a tortura e responsável, xunto con outros expertos estatais e internacionais, da elaboración daquelas recomendacións.

Valoramos mui positivamente a asisténcia de aproximadamente 400 persoas neste encontro xa que a sua presenza pon de manifesto a grande preocupación da sociedade civil perante este problema e o interese en traballar para a aplicación do Protocolo Facultativo.

As organizacións que integramos a CPT entendemos a luita contra a tortura como unha luita contra o terrorismo de estado e queremos que este sexa un primeiro paso no compromiso para a sua total supresión.

Barcelona, 4 de Febreiro de 2006.