A Sala de Apelación da Audiencia Nacional rebaixou a condena de dous anos e un día de prisión pola que foi sentenciado o rapeiro Pablo Hásel a 9 meses de cárcere, ao entender que aínda que cometeu o delito de enaltecemento de terrorismo e inxurias e calumnias contra a Coroa e as Institucións do Estado, debe ser aplicado o mínimo legal porque as súas mensaxes non supoñen un “risco real” para as persoas.

 

El rapero Pablo Hasel acude a declarar en la Audiencia Nacional

 

A sentenza, da que foi relator o maxistrado Eloy Velasco, fai referencia á condena que impuxo a Sección Primeira da Sala do Penal da Audiencia Nacional sobre Pablo Rivadulla -que así se chama en realidade-, no pasado mes de marzo, dous anos e un día de cárcere por unhas mensaxes na rede social Twitter que constituían unha “actuación conxunta dirixida contra a Autoridade do Estado” e aludían á “necesidade de ir alén nun comportamento violento mesmo coa utilización do terrorismo”.

Para a Sala de Apelación, aínda que os chíos de Hásel non encaixan dentro da liberdade de expresión ou a creación artística porque rezuman violencia e supoñen unha banalización do terrorismo, enaltéceo e o xustíficao, considerando a xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, concorren causas que atenúan a súa responsabilidade penal e que permiten aplicarlle a mínima pena.

Público